COMT0110 ATENCIÓN AO CLIENTE, CONSUMIDOR OU USUARIO

mércores 28 de maio de 2025 iniciaremos un novo curso AFD para desempregados "COMT0110 ATENCIÓN AO CLIENTE, CONSUMIDOR OU USUARIO" en horario de tarde, de 15:15 a 20:45 horas.

- Data de inicio: mércores 28 de maio de 2025.

- Data de finalización: martes 30 de setembro de 2025.

Curso destinado a desempregados, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que cumpran os requisitos de acceso para os certificados de profesionalidade de NIVEL 3:

- Estar en posesión do Título de Bacharelato.

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder.

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.

- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.

- Ter o certificado de apto nas competencias para acceder a certificados de nivel 3.

No caso de non cubrir as prazas con desempregados poderanse ocupar ata un 30 % con persoas ocupadas ou autónomas.

Para máis información chame ao 986 507 417, envíe unha mensaxe de WhatsApp ao 672 402 042 ou remítanos un correo a info@kaemeconsultoria.es.