ADGD0308 ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

xoves 14 de novembrdaremos inicio a un novo curso AFD para desempregados "ADGD0308 ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA" en horario de 09:15 a 14:15 horas.

- Data de inicio: xoves 14 de novembro do 2024.

- Data de finalización: venres 22 de agosto do 2025.

Curso destinado para desempregados, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que cumpran os requisitos de acceso para o NIVEL 2:

- Estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder.

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.

- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.

- Ter o certificado de apto nas competencias para acceder a certificados de nivel 2.

En caso de non cubrir as prazas con desempregados poderanse ocupar ata un 30% con persoas ocupadas ou autónomas.

Para máis información chame ao 986 507 417, envíe unha mensaxe de WhatsApp ao 672 402 042 ou remítanos un correo a info@kaemeconsultoria.es.