SSCE0110 DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO - FORMACIÓN GRATUITA SUBVENCIONADA POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

O 10 de Abril daremos inicio un novo curso AFD para desempregados "SSCE0110 DOCENCIA PARA A FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO" en horario de 09:00 a 14:00 horas.

- Data de inicio: Mércores 10 de Abril

- Data de finalización: Mércores 14 de Agosto

Curso destinado para desempregados, subvencionado pola Consellería de Economía, Empregro e Industria, que cumplan os requisitos de acceso para o NIVEL 3:

- Estar en posesión do Título de Bacharelato.

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder.

- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.

- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.

- Ter o certificado de apto nas competencias para acceder a cert. nivel 3.

Web: https://sede.sepe.gob.es/es/portaltrabaja/resources/pdf/fichasCertificados/SSCE0110_ficha.pdf